miércoles, 4 de abril de 2012

Ultimos resultados do S.D. Bande



Ola Bandid@s,
por falta de tempo non puidemos actualizar a páxina como tiña pensado, perdonade de anteman.

Vamos agora ao importante, os resultados obtidos do noso equipo durante este espazo de tempo. Tres foron os partidos que disputou o Bande, dous coma visitante (Rocas e Entrimo) e un coma local (fronte o Viana), e coma resultado coseguimos sumar 6 de 9 puntos posibles.

Pódese considerar un bo balance, e mais visto o baixón que esta dando o equipo nos últimos enfrontamentos, pero non podemos regalar un partido na casa no que íamos ganando 2-1 ao descanso e tirar todo pola borda na segunda parte. Isto foi o sucedido ante un moi bo Viana que se levou os 3 puntos do Outeiro merecidamente.

No campo do Rocas e Entrimo tampouco fomos quén de amosar a nosa mellor cara, ben polo cansancio ou polo que sexa, pero neste caso conseguimos dous triunfos moi sufridos, 2-3 fronte o Rocas e 0-2 co Entrimo.
Con estés puntos seguimos loitando polla permanencia xunto co Cualedro, Lobios, Merca e Sande. Esta nas nosas máns manter a categoría, estas "vacacións" de Semana Santa veñen moi ben para cargar as pilas e afrontar da mellor maneira posible as ultimas xornadas da tempada.

O seguinte partido será fronte o líder, Muiños, no campo do Outeiro. Entre todos intentaremos de devolverlle á afición todo o cariño mostrado cun resultado bo (cada un que entenda por bo o que queira,jeje).

Un saúdo compañeir@s.

miércoles, 28 de marzo de 2012

ENTRIMO-BANDE: domingo

El partido será el domingo a las 4 de la tarde, en el campo del Entrimo. Agradecemos al equipo del Entrimo el permitirnos el adelantar el partido para las 4 hs.para que los jugadores puedan venir para Bande y hacer una representación de La Pasión en la Iglesia, aprovechamos para invitaros a todos a esta representación y a también a venir a Entrimo a animar al SD Bande, que necesita ganar para alejarse de los puestos de descenso.Aupa Bande!

sábado, 17 de marzo de 2012

Rocas - S.D. Bande: Domingo ás 16:45

Esta fin de semana o noso equipo visita ao campo do Rocas nun partido moi importante de cara á permanencia.

Aínda que a clasificación mostre que o Rocas vai de último xa sabemos o que é morder o polvo ante eles esta tempada, asique será de todo menos un partido cómodo para nós. Ademais o equipo rival leva unha serie de encontros nos que está sacando uns resultados moi bos.

Ao meu parecer, moitas das opcións de conseguir a victoría dependerán tamén da cara que amosará o Bande, esperemos que non sexa a da primeira parte contra o Piñeira Seca...

Esta xornada resulta crucial para os interéses do Bande xa que o Lobios enfróntase ao Cualedro e de gañar o noso encontro poderíamos sacar probeito desta circunstancia dado que son os nosos máximos rivais de cara a permanencia neste momento.

Ánimo ao equipo e a sacar o partido como sexa chavales.

O que mal comeza...

Partido para olvidar o do domingo pasado ante o Piñeira Seca.

Dicir que eramos poucos xa que tiñamos baixas ben por sancións ou lesións, e mesmo tivo que vir Pérez para votarnos unha man e dispor polo menos dun cambio, pero isto non xustifica en ningún caso o visto nos primeiros 45 minutos por parte do noso equipo. Saímos ao campo totalmente apáticos e froito desto fomos ao descanso cun incontestable 0-4, sen realizar o Piñeira un esforzo considerable xa que a meirande parte dos goles foron despites nosos.

A segunda parte non pintaba nada ben a verdade, pero foi enton cando o Bande volveu a encontrarse co seu fútbol e consegui marcar 3 goles en apenas 20 minutos (2 de Brais, que esta en racha, e un golazo de falta de Troita). Aínda tivemos ocasións para empatar e ata gañar o partido, pero non contamos coa sorte de cara ao gol nos últimos compases do partido.

Felicitar ao Piñeira Seca pola merecida victoria e esperemos que este partido nos sirva para non volver cometer os mesmos erros e conseguir unha permanencia que esta sendo moi cara xa que os nosos perseguidores non fallan.

Moitas grazas á afición que estivo animando ao equipo durante todo o partido.
un saúdo Bandid@s!!

lunes, 5 de marzo de 2012

UN PUNTO AMARGO




Partido moi difícil o que nos esperaba no campo do Allariz B esta fin de semana e no que sacamos un punto importante ante o segundo clasificado da competición.
A priori parece un moi bo resultado, pero visto o transcurso do partido quedamos cun mal sabor de boca.
Na pimeira parte un partido moi malo por parte dos dous equipos que non incomodaron e ningún momento a portería contraria.
Despois do descanso saímos un pouco máis enchufados e nunha boa xogada, Borja conseguíu o 0-1 para o noso equipo. Levábamos o control do encontro e Brais, que está en racha, foi quén de por o 0-2 no marcador.
Parecía que ía ser un final de partido plácido para o S.D. Bande, pero no fútbol xa sabemos que non se pode dar nada por feito, e en 5 minutos empataronos o partido. Ao final o Allariz aínda tivo algunha ocasión máis para poder lograr a remontada. Resultado:reparto de puntos e despois da victoria do Cualedro atopámonos de novo na zona perigosa da clasificación.
Esperemos que ao final da liga non nos acordemos destes puntos perdidos.

PD: Grazas aos aficionados que se desprazaron ata Allariz para poder axudar ao seu equipo. Temos unha afición IMPRESIONANTE. Grazas de novo Bandid@s!!

MANIFESTACIÓN CONTRA O PECHE DAS GARDAS NA FARMACIA DE BANDE

Os veciñ@s de Bande participaron o sábado na protesta contra a supresión do servizo de gardas da farmacia local, que obriga aos habitantes da Baixa Limia a desprazarse ata Celanova para adquirir medicamentos durante as noites, fins de semana e festivos.

A manifestaciñon contou con arredor de 200 persoas que lanzaron unha mensaxe clara e firme: non están dispostos a ver como merman uns servicios básicos. Non faltou parte da plantilla do noso equipo, o S.D. Bande, mostrando o seu compromiso co pobo en todolos aspectos. De feito, ao final da manifestación, Anxo, puxo voz aos veciñ@s de toda a Baixa Limia que se amosaron máis unidos ca nunca.

Esperemos que recapaciten e non nos eliminen un servizo imprescindible para a Baixa Limia.

¡¡NON Ó PECHE, SÍ ÁS GARDAS!!




jueves, 1 de marzo de 2012

ALLARIZ - BANDE

O PARTIDO TERÁ LUGAR O SÁBADO 3 DE MARZO ÁS 16:00 HS NO CAMPO DO ALLARIZ. COIDADIÑO COA HORA QUE XA VEDES QUE SE ADIANTA A TODOS OS ENCONTROS.SORTE!!

miércoles, 29 de febrero de 2012

Reparto de puntos coa Manchica


Empate a un entre o noso equipo é o Manchica. O partido desta fin de semana non será recordado coma o mellor do noso equipo precisamente, pero a pesar de todo conseguimos sumar un punto máis ante un rival que esta loitando polo ascenso.
Na primeira parte os dous equipos saíron algo durmidos ao campo e non houbo moitas xogadas destacables. Nunha falta, a priori sen perigo, Toño Caldelas saca un centro que ninguén rematou pero que acabaría colándose igualmente no fondo da rede, 1- 0 para o Bande. O Manchica apretou un pouco máis despois do gol e creou algunhas ocasións na que os nosos centrais estiveron moi acertados. Pero, nunha xogada a priori tamén sen perigo, unha indecisión entre os nosos xogadores foi aprobeitada polo dianteiro Bautista para por o empate cando apenas quedaban 5 minutos para o descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, pero sen goles. Entrou Brais e creamos algo máis de perigo e tivemos dúas ou tres ocasións para levarnos os tres puntos.
O resultado, ao meu parecer, foi xusto. A Manchica creou moito perigo a balón parado e nos á contra tamén tivemos ocasións. Agora a pensar no partido ante un Allariz que esta terceiro na táboa.
Grazas a tod@s @s que pasastes polo campo para animar ao noso equipo nun día moi soleado e propicio para acudir a verdade.
Un saúdo Bandid@s.


sábado, 25 de febrero de 2012

Bande - Manchica: domingo 16:30 no Outeiro

Boas compañeir@s do Bande S.D. , esta fin de semana o equipo disputa un duro encontro ante un forte Manchica que ven moi motivado ao campo do Outeiro. Esperemos que os nosos xogadores consigan sumar un bo resultado máis despois do acadado a fin de semana pasada en Xinzo ante o Boado. Canto antes poidamos deixar atrás a pantasma do descenso moito mellor. Coa actitude dos últimos partidos seguramente consigamos agradar a nosa afición e brindarlle un atractivo encontro e esperemos que tamén a victoria, aínda que sabemos que o vamos a ter moi complicado.
Un saúdo Bandid@s!!! e a animar que o equipo necesítavos.

domingo, 15 de enero de 2012

Bande-Cualedro:Comenza a Segunda Volta con éxito

Triunfo do Bande ante o Cualedro(5-1), con goles de Borja, Yago, Juanciño,e 2 de Brais.Sin lugar a dudas un gran inicio de vuelta, muy necesario para abandonar los lugares de descenso.Hoy la afición disfruto mucho del juego del toque que hizo el Bande dejando la huella del recién estrenado entrenador Juan Varela.