miércoles, 29 de febrero de 2012

Reparto de puntos coa Manchica


Empate a un entre o noso equipo é o Manchica. O partido desta fin de semana non será recordado coma o mellor do noso equipo precisamente, pero a pesar de todo conseguimos sumar un punto máis ante un rival que esta loitando polo ascenso.
Na primeira parte os dous equipos saíron algo durmidos ao campo e non houbo moitas xogadas destacables. Nunha falta, a priori sen perigo, Toño Caldelas saca un centro que ninguén rematou pero que acabaría colándose igualmente no fondo da rede, 1- 0 para o Bande. O Manchica apretou un pouco máis despois do gol e creou algunhas ocasións na que os nosos centrais estiveron moi acertados. Pero, nunha xogada a priori tamén sen perigo, unha indecisión entre os nosos xogadores foi aprobeitada polo dianteiro Bautista para por o empate cando apenas quedaban 5 minutos para o descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, pero sen goles. Entrou Brais e creamos algo máis de perigo e tivemos dúas ou tres ocasións para levarnos os tres puntos.
O resultado, ao meu parecer, foi xusto. A Manchica creou moito perigo a balón parado e nos á contra tamén tivemos ocasións. Agora a pensar no partido ante un Allariz que esta terceiro na táboa.
Grazas a tod@s @s que pasastes polo campo para animar ao noso equipo nun día moi soleado e propicio para acudir a verdade.
Un saúdo Bandid@s.


sábado, 25 de febrero de 2012

Bande - Manchica: domingo 16:30 no Outeiro

Boas compañeir@s do Bande S.D. , esta fin de semana o equipo disputa un duro encontro ante un forte Manchica que ven moi motivado ao campo do Outeiro. Esperemos que os nosos xogadores consigan sumar un bo resultado máis despois do acadado a fin de semana pasada en Xinzo ante o Boado. Canto antes poidamos deixar atrás a pantasma do descenso moito mellor. Coa actitude dos últimos partidos seguramente consigamos agradar a nosa afición e brindarlle un atractivo encontro e esperemos que tamén a victoria, aínda que sabemos que o vamos a ter moi complicado.
Un saúdo Bandid@s!!! e a animar que o equipo necesítavos.