miércoles, 30 de septiembre de 2009

A entrevista da xornada





Esta semana temos en exclusiva un dos flamantes fichaxes do Bande na nosa bitácora, Víctor Gayol. Sen dúbida un xogador único, que destaca pola súa raza e ganas no campo sobre todo. O dono da banda dereita do Bande móstrase moi confiado en canto as posibilidades de alcanzar o obxectivo do equipo, o ascenso.

Nome: Víctor “Gayol”

Apodo: Ashley Gayol

Posición: Lateral dereito con moita chegada

Equipo preferido: O FC Barcelona

Xogador preferido: Carles Puyol

Hola Gayol, creo que a todos os adeptos do Bande lles gustaría saber que motivos fixeron que viñeras po noso equipo.

Hola, cando o adestrador Toño me chamou vin que estaba construíndo un equipo ganador, que estaría disposto a todo para loitar polo ascenso, e iso foi o que mais me motivou, aparte que xa coñecía a moitos xogadores, cousa que facilitou moito tamén a adaptación no equipo.

Como xogador do Bande, cales son os teus obxectivos tanto persoais como deportivos esta temporada?

Creo que o obxectivo principal é o ascenso. O equipo conta con moitos xogadores novos e como xa dixen antes está construído para ascender, pero hai que ser ambiciosos e intentar loitar polo campionato, xa que sinto que podemos facer algo importante esta temporada. O mais importante e ascender do contrario seria un fracaso, o que consigamos a maiores será ben recibido.

És un xogador con moita experiencia no fútbol, como tal, que esperas aportar a este equipo?

Espero aportar as poucas cualidades que teño tanto dentro como fora do campo que tamén é importante. Creo que tamén podo aprender moito desta experiencia. O que non cabe dúbida, e iso podédesllo preguntar aos meus compañeiros, é que vou por da miña parte de todo para que este equipo siga crecendo, e creo que todos xuntos imos polo camiño correcto.

Nestes momentos todo son eloxios para o Bande grazas a boa traxectoria que atravesa o equipo, pero, que aspectos crees que debería mellorar en xeral o equipo, o corpo técnico,a directiva e xogadores?

Creo que hai poucas cousas nas que mellorar porque a clasificación o di todo,o único “problema” é que os domingos baixamos algo o rendemento pero iso creo que é un problema moi común en tódolos equipos, non sei porque será. Con respecto a directiva nada que dicir porque é impresionante as ganas que poñen por axudar o equipo. O adestrador non podemos ter queixas del, o equipo vai ben e el é o primeiro responsable, quizais nos da un pouco caña demais nalgún que outro adestramento, jaja…
Que aspectos destacarías deste equipo de momento?

Sen dúbida a calidade dos xogadores. Temos a sorte de ser un equipo con xogadores moi igualados, e xogue quen xogue non se nota o cambio. Neste quipo todos somos importantes, e isto nótase nos adestramentos, onde todos e cada un de nos mostra a súa predisposición

Vemos que a unión deste equipo é enorme, como definirías o vestiario do Bande? Para facernos unha idea do que se vive dende dentro.

Só se pode definir cunha palabra IMPRESIONANTE. Hai unha gran unión e o compañeirismo que existe é a ostia, perdón pola expresión pero son unha persoa moi impulsiva. Eu estiven en mais equipos e non vin nada parecido a isto, a relación entre os xogadores é de 10, e iso transmítese no campo.

Segundo a túa opinión que lugar debería ocupar o Bande ó final da liga?

Como xa dixen con ascender estamos máis que contentos, así que entre os 4 primeiros, pero sen descoidar a posibilidade de poder quedar primeiros.

Define o quipo por liñas: defensa, medio e dianteira.

En xeral creo que temos un equipo homoxéneo en todas a posicións, temos unha defensa contundente, un medio campo moi creativo e arriba velocidade e gol….os números están aí. E como dixen antes, todos os xogadores do Bande son imprescindibles neste equipo, e cada un ten que aportar algo para que isto siga así de ben.

Momento de autocrítica, defínete a ti mesmo Gayol.

Un xogador agresivo (a veces demais) con moitas ganas de axudar o equipo. Axudo no que podo ós compañeiros, e saben que para o que necesiten estou para eles, así como eu espero poder contar con eles, por exemplo para a seguinte cena de equipo poder durmir na casa de alguén,jaja.

Moito se fala do ascenso pero aínda non se mollou ninguén relacionado coa pregunta, que estarías disposto a facer se conseguimos o ascenso?

Tería que pensalo moito, porque estou seguro de que imos conseguir o ascenso, e polo tanto non podo dicir algunha barbaridade que despois bótanse a un. Teriades que facer unha entrada na páxina onde cada xogador di o que faría. Ata entón mantéñome en silencio.

Cando todo isto acabe e algún día deixes o Bande, como che gustaría que te recordasen os teus compañeiros?

Como un bo compañeiro dentro e fora do terreo de xogo, e conto estar en contacto con eles despois do fútbol, porque a vida segue sen fútbol, aínda que non quero pensar aínda neso que estou mais que ben neste equipo.
Moitas grazas Gayol, espero que a temporada siga igual de ben tanto no persoal como no deportivo e que consigamos o ansiado e omnipresente obxectivo do ascenso.

Grazas a todos vós por acollerme tan ben no equipo, nunca me faltou nada e síntome moi cómodo. Só quería dicir unha última cousa,quero pedir dende aquí á afición que siga apoiando ó Bande, que se animen a vir o Outeiro a disfrutar deste doce momento que atravesamos, que este ano ímosvos dar unha alegría. Un saúdo para todos e moi especialmente para todas e FORZA BANDE!!!!!

Por último temos aquí o único aspecto negativo do Gayol, non existe ninguém perfecto, é isto demostrao,jajajaja…Menos mal que este ano con Mou vai cambiar o tema




ooooo






Jose Antonio Pérez Dominguez

Apodo dentro do equipo: Perezenbauer

Posición: Central

Equipo favorito: Real Madrid

Xogador preferido: Képler Laveran Lima Ferreira, mais coñecido como Pepe.



Hola Bandidos/as, por fin foinos posible realizar outra entrevista a un dos xogadores do Bande S.D. Neste caso o turno foi para un dos baluartes do equipo, Pérez, que nos atendeu na súa casa e nos convidou a un té con pastas.

Hola Pérez, antes de nada a pregunta obrigatoria, ¿Esperabas que o comezo da liga nos iría tan ben? Porque?

Séndoche sincero si, este ano na pretemporada vin que había xente moi boa, e que por fin tiñamos un equipo de 19 xogadores e non coma outros anos que iamos 11 o campo e dous lesionados, este ano as cousas pintan moi diferente vese que hai compromiso e seriedade.



Vistos os resultados positivos acadados e as ganas do equipo para gañar cada parido, ¿Cres que podemos loitar polo campionato ademais de polo ascenso?

Como ben dixo o noso compañeiro Anxo, o importante e ir partido a partido, este ano hai equipos bos como o son, a Merca, Boado, Soutopenedo, Rante e algún que seguramente se una a estes equipo co paso das xornadas, o primeiro posto vai estar complicado pero ese non é o noso obxetivo, nos temos que centrarnos en quedar nos catro primeiros postos pa lograr o ascenso.

O equipo amosa unha gran confianza nas súas posibilidades,¿Cómo foi posible este cambio de mentalidade?
O paso das xornadas, ó ver que se van gañando os partidos ben, con bastante claridade e recibindo poucos goles axudounos a coller bastante confianza. Este ano temos un equipo novo, e o que nos facía falta era rodar pa ir encontrando cada un o seu posto no equipo e creo que o estamos conseguindo, hai xogadores moi bos e moi bo ambiente no vestiario como no terreo de xogo e iso axuda moito.

O Bande este ano tamén destaca na súa efectividade cara porta, así como en encaixar poucos goles, ¿a que se debe esta grata estadística?

Á confianza que vai collendo o equipo gañando partidos, cada vez sentímonos mais cómodos no campo e eso notase no xogo do equipo.
A eliminación da copa non alegrou a ninguén, pero, ¿pensas que dalgunha maneira pode favorecer o equipo?
Desde logo, foi o mellor que nos puido pasar, o noso obxectivo este ano e ascender, a copa esta ben pero só nos trae lesións e amoestacións que non é pouco, nos no que nos temos que centrar e na liga, a copa esta moi ben, non queremos desprestixiar nin a copa nin os equipos que loitan por ela, pero somos realistas e cremos que para o noso obxectivo foi mellor desta maneira.

Os partidos xa non imos só 11 os partidos, ¿a que se debe este cambio?

Por primeira vez desde que estou no Bande parece haber compromiso e seriedade neste equipo, un equipo que como xa dixen antes ten moi bos xogadores e moi bo ambiente dentro e fora do terreo de xogo. Os xogadores novos implícanse tanto ou mais que os que xa formabamos parte do Bande, o que crea unha gran unión e aumenta as ganas de traballar dia a dia. Foi un dos aspectos mais positivos de esta tempada a verdade, e espero que siga así,jeje…

Un apunte extradeportivo, chegou os meus oídos que un dos pasatempos preferidos que tes é o de xogar o Fifa, pero tamén me teñen comentado que tanto vostede como a súa parella, Anxo, teñen que claudicar ante a superioridade de outros dous compañeiros de equipo, Víctor e Tito, ¿é isto certo?

Jajaja…custame moito admitilo, pero é verdade. Por algo lle chamamos “a trituradora”, xa que non nos dan unha mínima oportunidade para ganarlles, pero bueno…ai que ser positivos e pensar que algún dia chegara esta grata sorpresa. Estes días intentamos evitar xogar contra eles xa que despois non hai quen os aguante,jaja…
Espero que Anxo queimara a libreta onde apuntamos os resultados como acordamos.

Isto foi todo por hoxe compañeiros/as, o seguinte entrevistado será un dos fichaxes estrela deste ano, non podemos adiantar máis.

Grazas a vos e o Pérez por axudar a manter este noso recuncho actualizado.

Deica logo!!!





Hola a todos, hoxe contamos en exclusiva coa entrevista a un dos capitáns do equipo.






ANXO VÁZQUEZ BLANCO


Idade: 22

Demarcación: Mediocentro, Central


Mote no equipo: El Jefecito /O tranquilo


Equipo preferido: F.C. Barcelona


Xogador preferido: Drenthe


Anxo repasou con nos a actualidade do equipo e desfíxose en eloxios sobre os seus compañeiros de equipo.


O S.D. Bande sufriu un gran cambio esta tempada con un gran número de fichaxes, ¿Qué sensacións esperta en ti o equipo esta tempada?


O meu parecer o Bande reforzouse adecuadamente, xa que se reforzaron posicións moi importantes como son o de porteiro e dianteiro e que para terceira son claves. Tanto Manu, un xogador rápido, desequilíbrante e con moitísimo gol, como Héctor, sen dúbida o mellor porteiro da categoría, vannos axudar moitísimo. Destaco estes dous xogadores, pero todos o fichaxes están realizando unha grandísima labor e subindo o nivel do equipo considerablemente.


Existe un moi bo ambiente dentro do vestiario que creo que se reflexa no campo e esperemos que en bos resultados. Os fichaxes adaptáronse dende o primeiro día á dinámica do equipo.

Tamén quero mencionar que este ano noto como fisicamente estamos bastante ben, isto debese a boa preparación que realizamos antes de comezar a tempada, xogando contra rivais de bastante categoría e correndo detrás deles,jeje…

Sempre estamos pensando, inevitablemente, nos postos de ascenso pero ¿Qué posibilidades reais cres que ten o Bande para acadar unha desas prazas?

Creo que se imos partido a partido,nos respetan as lesións e adestramos con regularidade podemos loitar por eses postos. O ano pasado tíñamos o gran problemas que para os partidos nos xuntábamos 11 ou 12 como moito e así é imposible poder loitar por nada.Este ano o equipo pinta diferente e a xente vese mais implicada. Mira, dígoche mais, este equipo esta de sobras capacitado para loitar polo ascenso, pero creo que podemos quedar primeiros. Contamos con moitos xogadores de calidade no equipo, temos moitas ganas de facer algo importante xa dunha vez… iso si, sen obsesionarse e indo partido a partido como xa dixen antes.


¿Cáles son os cambios mais importantes que ves no equipo?

O meu parecer unha das cousas que máis cambiou foi o compromiso dos xogadores. No último adestramento eramos 20, cousa que ca fai tempo que non sucedía no Bande, así que algo cambiou,jaja… a nivel de calidade o equipo subiu un peldaño, sobre todo nos postos ofensivos, a conta pendente do Bande. En tarefas defensivas o ano pasado tivemos números mais que notables e seguimos mantendo esa defensa potente, sen renunciar o ataque, con xente veloz e que pode solucionar un partido en calquera momento.


O cambio de adestrador tamén foi importante, xa que trouxo consigo bos xogadores e aportou un cambio de mentalidade mais positivo os xogadores, cousa que era moi importante.


Fuches elixido polos teus compañeiros como un dos capitáns do equipo, ¿Qué papel e que responsabilidades cres que supón iso?


Ante todo axudar no que poida o equipo, pero iso aínda que non fose capitán eh,jaja… Sei que este ano a competencia por xogar é bastante grande, pero dareino todo nos adestramentos para que o Toño me teña o 100% cando me necesite. Se me toca “chupar” banquillo algún, pois non pasa nada, animarei e sei que o que esta xogando no meu posto o fai como mínimo igual de ben ca min. Ser elixido como un dos capitáns polos meu compañeiros é todo un orgullo, xa que lles teño moitísimo aprecio a todos e cada un deles e sinto que eles confían en min. ¿Que teño mais responsabilidade? Home, algo si. Sabes que como capitán tes que dar exemplo e controlar un pouco máis as emocións dos partidos, non me podo enfadar tanto nin protestar todo, cousa que me encanta,jajaja… Tamén sirvo de enlace directo entre directiva e xogadores, axudando no que poida para q o Bande siga crecendo.

Iso de que che gusta protestar e te deixas levar pola tensión dos partidos teño escoitado que che custou algunha que outra tarxeta ¿prometes dende a paxina do Bande a controlar ese impulsos e desa maneira aforrarnos tarxetas?


Jajaja, é un rumor mais q contrastado. Sei que é un dos meus defectos , pero cústame moitísimo controlarme, xa que entre a tensión dos partidos e a ganas de gañar deixe levarme. No último partido fronte o Cartelle equivoqueime o protestar unha xogada que supuxo unha tarxeta amarela e na segunda parte fixen unha falta e fun expulsado. Aproveito para pedir perdón a todos os meus compañeiros, directiva e adeptos .Intentarei controlarme para evitar expulsións coma contra o Cartelle.


Esta fin de semana o noso equipo enfrontase o San Roque ¿Cómo ves o partido?

Estou segurísimo que vai ser un partido moi igualado. O ano pasado ganámoslle na casa ben (6-0), pero no partido de volta cambiou a cousa e nos devolveron a goleada (4-1). Por iso creo que o equipo vai saír metido no partido dende o primeiro minuto, sabendo que nos poden complicar o encontro en calquera momento. É o noso segundo partido e a nosa presentación fronte a nosa afición, polo que o partido e dobremente importante. Os primeiros partidos son os que van marcar dunha maneira as aspiracións do equipo, ademais temos que brindarlle unha vitoria os nosos seguidores que tanto nos apoian. Será un partido difícil pero confío plenamente nun resultado positivo para o Bande.


Aquí rematou a nosa primeira entrevista da tempada. Esperamos poder facer mais e desta maneira saber que pensan os propios xogadores do seu equipo.


Ata outra compañeiros




No hay comentarios: