miércoles, 29 de febrero de 2012

Reparto de puntos coa Manchica


Empate a un entre o noso equipo é o Manchica. O partido desta fin de semana non será recordado coma o mellor do noso equipo precisamente, pero a pesar de todo conseguimos sumar un punto máis ante un rival que esta loitando polo ascenso.
Na primeira parte os dous equipos saíron algo durmidos ao campo e non houbo moitas xogadas destacables. Nunha falta, a priori sen perigo, Toño Caldelas saca un centro que ninguén rematou pero que acabaría colándose igualmente no fondo da rede, 1- 0 para o Bande. O Manchica apretou un pouco máis despois do gol e creou algunhas ocasións na que os nosos centrais estiveron moi acertados. Pero, nunha xogada a priori tamén sen perigo, unha indecisión entre os nosos xogadores foi aprobeitada polo dianteiro Bautista para por o empate cando apenas quedaban 5 minutos para o descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, pero sen goles. Entrou Brais e creamos algo máis de perigo e tivemos dúas ou tres ocasións para levarnos os tres puntos.
O resultado, ao meu parecer, foi xusto. A Manchica creou moito perigo a balón parado e nos á contra tamén tivemos ocasións. Agora a pensar no partido ante un Allariz que esta terceiro na táboa.
Grazas a tod@s @s que pasastes polo campo para animar ao noso equipo nun día moi soleado e propicio para acudir a verdade.
Un saúdo Bandid@s.


No hay comentarios: