lunes, 5 de marzo de 2012

UN PUNTO AMARGO




Partido moi difícil o que nos esperaba no campo do Allariz B esta fin de semana e no que sacamos un punto importante ante o segundo clasificado da competición.
A priori parece un moi bo resultado, pero visto o transcurso do partido quedamos cun mal sabor de boca.
Na pimeira parte un partido moi malo por parte dos dous equipos que non incomodaron e ningún momento a portería contraria.
Despois do descanso saímos un pouco máis enchufados e nunha boa xogada, Borja conseguíu o 0-1 para o noso equipo. Levábamos o control do encontro e Brais, que está en racha, foi quén de por o 0-2 no marcador.
Parecía que ía ser un final de partido plácido para o S.D. Bande, pero no fútbol xa sabemos que non se pode dar nada por feito, e en 5 minutos empataronos o partido. Ao final o Allariz aínda tivo algunha ocasión máis para poder lograr a remontada. Resultado:reparto de puntos e despois da victoria do Cualedro atopámonos de novo na zona perigosa da clasificación.
Esperemos que ao final da liga non nos acordemos destes puntos perdidos.

PD: Grazas aos aficionados que se desprazaron ata Allariz para poder axudar ao seu equipo. Temos unha afición IMPRESIONANTE. Grazas de novo Bandid@s!!

No hay comentarios: