sábado, 17 de marzo de 2012

Rocas - S.D. Bande: Domingo ás 16:45

Esta fin de semana o noso equipo visita ao campo do Rocas nun partido moi importante de cara á permanencia.

Aínda que a clasificación mostre que o Rocas vai de último xa sabemos o que é morder o polvo ante eles esta tempada, asique será de todo menos un partido cómodo para nós. Ademais o equipo rival leva unha serie de encontros nos que está sacando uns resultados moi bos.

Ao meu parecer, moitas das opcións de conseguir a victoría dependerán tamén da cara que amosará o Bande, esperemos que non sexa a da primeira parte contra o Piñeira Seca...

Esta xornada resulta crucial para os interéses do Bande xa que o Lobios enfróntase ao Cualedro e de gañar o noso encontro poderíamos sacar probeito desta circunstancia dado que son os nosos máximos rivais de cara a permanencia neste momento.

Ánimo ao equipo e a sacar o partido como sexa chavales.

No hay comentarios: