sábado, 17 de marzo de 2012

O que mal comeza...

Partido para olvidar o do domingo pasado ante o Piñeira Seca.

Dicir que eramos poucos xa que tiñamos baixas ben por sancións ou lesións, e mesmo tivo que vir Pérez para votarnos unha man e dispor polo menos dun cambio, pero isto non xustifica en ningún caso o visto nos primeiros 45 minutos por parte do noso equipo. Saímos ao campo totalmente apáticos e froito desto fomos ao descanso cun incontestable 0-4, sen realizar o Piñeira un esforzo considerable xa que a meirande parte dos goles foron despites nosos.

A segunda parte non pintaba nada ben a verdade, pero foi enton cando o Bande volveu a encontrarse co seu fútbol e consegui marcar 3 goles en apenas 20 minutos (2 de Brais, que esta en racha, e un golazo de falta de Troita). Aínda tivemos ocasións para empatar e ata gañar o partido, pero non contamos coa sorte de cara ao gol nos últimos compases do partido.

Felicitar ao Piñeira Seca pola merecida victoria e esperemos que este partido nos sirva para non volver cometer os mesmos erros e conseguir unha permanencia que esta sendo moi cara xa que os nosos perseguidores non fallan.

Moitas grazas á afición que estivo animando ao equipo durante todo o partido.
un saúdo Bandid@s!!

No hay comentarios: