lunes, 5 de marzo de 2012

MANIFESTACIÓN CONTRA O PECHE DAS GARDAS NA FARMACIA DE BANDE

Os veciñ@s de Bande participaron o sábado na protesta contra a supresión do servizo de gardas da farmacia local, que obriga aos habitantes da Baixa Limia a desprazarse ata Celanova para adquirir medicamentos durante as noites, fins de semana e festivos.

A manifestaciñon contou con arredor de 200 persoas que lanzaron unha mensaxe clara e firme: non están dispostos a ver como merman uns servicios básicos. Non faltou parte da plantilla do noso equipo, o S.D. Bande, mostrando o seu compromiso co pobo en todolos aspectos. De feito, ao final da manifestación, Anxo, puxo voz aos veciñ@s de toda a Baixa Limia que se amosaron máis unidos ca nunca.

Esperemos que recapaciten e non nos eliminen un servizo imprescindible para a Baixa Limia.

¡¡NON Ó PECHE, SÍ ÁS GARDAS!!




1 comentario:

Anónimo dijo...

dame gusto ver os xovenes defendendo o seu pobo. bravo pola labor que estades a facer.e haber si actualizades máis a paxina pois eu é a unica maneira que teño de enterarme de cousas de bande. un saudo dende Barcelona