
Esta fin de semana o noso equipo enfrontase o líder, A Merca, nun partido que promete a priori ser moi entretido e esperemos que con final feliz para nos. Será o sábado as 17:00 no campo da Merca. Os dous equipos están separados por 4 puntos (o Bande cun partido menos) e unha vitoria sería un golpe de autoridade de calquera deles.
Confiamos en que o Bande siga igual de enchufado que nos últimos partidos e poida sacar algo positivo da súa visita. Cremos que vai a ser un encontro moi igualado, no que os pequenos detalles poden ser decisivos. A Merca é un dos mellor equipos da categoría, e o único que aínda non coñece a derrota, polo tanto afrontaremos con moito respecto o encontro, pero sen renunciar a nada.
Esperemos que a nosa afición nos acompañe e nos axude a lograr a vitoria, xa que son parte importante da boa traxectoria actual do equipo.
Un saúdo compañeiros!!!!
3 comentarios:
Ánimo chavales!!confiamos en vosotros. Espero que ganeis el partido sin muchos apuros. un saludo
Este é o voso ano.oxalá gañedes e vos poñades de líderes.dende que fai anos que deixei o Bande,por primeira vez me sinto ben co que estades a facer.felicitacions a todos xogadores e a presi.
Moita sorte para mañá.animo campións!
Publicar un comentario