miércoles, 13 de octubre de 2010

Resultados da enquisa


Bos días compañeiros/as, xa temos os resultados da 1º enquisa realizada. A vosa opinión acerca dos posto que pode acadar o S.D. Bande na clasificación xa quedou clara, e temos que darvos as grazas a todos e todas pola confianza que mostrades neste equipo.

Un 83% de vos está seguro de que o noso equipo vai estar arriba na clasificación loitando polo ascenso, un 12% que nos aloxaremos na metade da táboa e un 5% que estaremos inmersos nos postos de abaixo.

Este resultados móstrannos a gran confianza que a maioría dos seguidores teñen nas posibilidades deste equipo renovado en facer algo importante este ano. Tamén nos vai servir para por aínda máis da nosa parte para devolver todo o vos apoio e para que ese 83% non se equivoque.

Tendes tamén unha nova enquisa, que visto o respaldo que nos dades non é outra que se creedes seriamente que non só podemos loitar polo ascenso, senón que ,como dicía o noso capitán Anxo, podemos loitar por ser campións da categoría. Algo difícil, pero visto a entrega do equipo pode ser posible.

Un saúdo Bandidos/as.

PD: Moitas grazas por comentar as noticias e axudarnos a facer a noso recuncho máis ameno.

1 comentario:

ex xogador dijo...

Xa queda menos para que a enquisa sexa unha realidade e ascendades.
Seguide sumando e pouquiño a pouquiño o éxito está nas bosas mans