lunes, 10 de noviembre de 2008

SUMA E SEGUE.... NA BITÁCORA




Boas tardes fieis seguidores do S.D.Bande, como xa vos informaron na nosa páxina web, esta fin de semana o noso equipiño deu un paso máis para seguir escalando pouco a pouco e con moito traballo na clasificación despois de conseguir os tres puntos nun dos campos máis complicados da 3ª rexional . Aínda que a estas alturas parece cos postos de ascenso quedan un pouco alexados (aínda estamos de 9º) a plantilla móstrase confiada de poder acadar estes postos ao final da tempada.

Dende a nosa bitácora queremos felicitar a un xogador que está en racha, Juan "Nistelrooy", que esta fin de semana nos deu unha de cal e outra de area, xa que o sábado realizou un bo partido ao fútbol sala co sprinter contra nós, conseguindo a victoria...víase co rapaz nos tiña ganas...
Pero perdonámoslle todo o seguinte día cando conseguíu o gol da nosa victoria fronte o Arnuid tras un gran despexe en profundidad de Víctor.
Queremos xustificar a nosa falta no magosto, xa que tivemos que cumprir co noso deber, que é estudar inda que pareza mentira. Quen nos dera poder estar con vos degustando eses chouriciños "made in Bande"... como os botamos de menos en Pontevedra...
Tamén estamos desexando poder lucir os nosos novos chándales, camisetas, sudaderas,etc... como se portan este ano con nos tanto a directiva como os patrocinadores... Un motivo máis para devolverlles esa confianza en forma de resultados positivos.
Unha aperta para todos/as e seguide confiando no Bande que ten xogadores moi bos eles todos, aínda que o que fai forte a este equipo e o bo ambiente que existe dentro do vestiario, cousa que nós como compañeiros podemos confirmar cada vez que nos duchamos, jeje...
Grazas a todos e xa vos manteremos informados sobre novos acontecementos.Bicos para as seguidoras e abrazos para os seguidores.

No hay comentarios: