sábado, 8 de noviembre de 2008

BANDE XUVENIL-POLÍGONO: DE INFARTOOO!



Asi de contentos comenzaban o partido os nosos xogadores do Bande contra o lider Polígono, coa camiseta de manga longa, pois os escasos tres graos que había no Campo do Outeiro, prometía un encontro frío, que a medida que transcurrian os minutos ia subindo a temperatura.
A primeira parte rematou con un resultado moi contrario ós intereses do equipo local (0-3), o Bande era un equipo que daba bandazos, e cada xogador facía o xogo pola súa conta.
Tra-lo descanso o equipo de Armada saiú o campo con moita motivación, a calor do público fíxose notar e Javier encaixou dous goles na portería do Polígono,primeiro de penalti e despois unha magnifica xogada compaxinada co resto do equipo. O equipo visitante escomenzaba a ver perigrar e acortar o resultado. E nese intre un golazo de J. Emilio deulle o empate ó partido.
O Bande amosábase máis forte ca nunca e creían en si mesmos, eran imparables. Pero a fatalidade fixo que a dous minutos do final, o Polígono nun contrataque logrou o gol da victoria.
Hoxe o Bande, aínda que sin lograr a victoria si deu boa sinal de facer fútbol en equipo, e os xogadores mostráronse máis unidos ca nunca, logrando que a afición se volvera a ilusionar con eles. GRACIAS RAPACES POR FACERNOS SENTIR ORGULLOSOS!

1 comentario:

aficcionadas dijo...

partidazo dos nosos xogadores!!!
nn foi un mal resultado, xa que o poligono vai de primeiro!!
esperamos k o equipo siga asi de forte e non perdan as esperanzas, xa que o estan facendo moi ben!
unha agarimosa aperta!