lunes, 24 de noviembre de 2008

E A XUNTA CONCEDÉUNOS 765 EUROS, para a temporada que xa pasou


Aínda non saímos do noso asombro, pois a Consellería de Cultura e Deporte, concedéunos (que aínda non nolos deu) 765 euros....despois de moito protestar, a verdade que como din pola Baixa Limia, quedoulle o cú descansao, pois esquecen que temos preto de 50 fichas de xogadores,todos da nosa comarca, con dous equipos federados,con transporte de autobús para os xuvenis tanto os días de entrenamento, como os días dos partidos. E despois andan a decir tódolos días que"a súa prioridade é o deporte base..". Os equipos da provincia de Ourense foron os máis marxinados, ademáis de non conceder axudas para mellorar as nosas instalacións do Campo do Outeiro.

IMPORTANTE:Os 765 euros, que nos acaban de conceder,son da temporada pasada 2007-2008. Esta temporada haber si sabe Rappel o que nos darán...e de paso que nos mire os triunfos que ímos acadar...

2 comentarios:

Unknown dijo...

Xoguei no Bande a comenzos dos oitenta. ¡¡¡¡¡ Qué emocións, recordos e sentimentos .....!!!!! ao ver as fotos do "Album Históricos". (Cantas ilusións, soños, algúns/as que xa nos deixaron, ....)

Ao mellor sería boa idea que a directiva organizase unha xuntanza intentando reunir ao maior número posible de xogadores e ex-xogadores....

Sociedad Deportiva Bande dijo...

panadeiro: gracias pola túa aportación.parécenos boa idea e intentaremos organizar algo.Pero necesitamos a axuda de tódolos que estivestes polo Bande.