miércoles, 5 de noviembre de 2008

ESTRENO DA BITÁCORA

Ante todo benvidos o noso recuncho bandidos,bandidas e foráneos.

Antes de nada queremos darvos a benvida a este noso recuncho onde imos afogar as nosas penas, esperemos ofrecervos moitos minutos de gloria.
Hoxe comezaremos a nosa tertulia cunha mala noticia para tódolos xiareiros do Real Madrid C.F. que caeu derrotado no Bernabeu ante un gran Del Piero que guiou o seu equipo á victoria…quen nos dera un xogador desas características no noso equipiño.

Falando agora do noso súper equipo, que non está na Champions League por falta de presuposto, aproveitamos esta nosa sección para solicitar uns cartiños ás institucións correspondentes, que este ano non están pola labor.

Este fin de semana espéranos un duro partido ante unha das revelacións da liga, un gran Arnuid cargado de xogadores cun potencial físico extraordinario. Pero o Bande atópase nun gran momento e espera dar a sorpresa no campo dun dos aspirantes ao ascenso, pero se queremos optar a unha desas prazas non nos queda máis que puntuar este finde.

Chegamos con xogadores en un gran estado de forma, como Víctor, Anxo, etc… jeje, que tome nota o Sr.Benito…

En canto a enquisa temos que defendernos alegando que a nosa vida nocturna e totalmente pracenteira e sa, e sobre todo SIN ALCOHOL, agás algúns días contados, onde a pesar da nosa resistencia caemos na tentación de mollar un pouco a palleta.
Queremos apoiar dende aquí tamen o noso equipo de Futbol Sala que vai nos postos de cabeza na liga de Celanova e xoga ante o Sprinter F.S. o sábado as 17:00. Que se prepare o Juanciño que na cancha non hai amigos...

Grazas por aguantarnos e esperamos que a afición nos siga apoiando como ata agora e que teñan paciencia porque estamos convencidos de ofrecervos moitas tardes de gloria.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

tranquliñas victor e anxo non comades tanto o mundo q inda vos ides atragantar

Unknown dijo...

venga hombre
por que no te callas pincha balos