lunes, 20 de octubre de 2008

O S.D. BANDE XUVENIL SUFRE A DERROTA NO CAMPO DO PONTE





O Sábado o encontro entre o Bande e o Ponte Ourense acabou cunha derrota sin paliativos( 5-0 ). Durante o xornada o Bande pagou as carencias que ven amosando nos últimos partidos, que son a falta de concentración e agardar a que os árbitros non cometan erros, a combinación de estos factores engadido a que o Bande este ano ten seis novos xogadores, ten que facer reflexionar o entrenador e cambiar a estratexia do equipo. Os xogadores poden facer máis pero non quixeron cambiar o rumbo do partido e conformáronse con este penoso resultado. Non temos hoxe protagonistas da xornada a mencionar, si cabe a mención especial a merece o único que cumpliu coas súas funcións que foi "Petrinas", que nos levou e nos trouxo en moi boas condicións. E a mención negativa vai para os nosos xogadores e para o árbitro que non se percatou de que 2 goles estaban en fora de xogo. Hai que destacar o bo xogo que realizou o Ponte Ourense.
Agardamos ver a próxima fin de semana un Bande máis deportivo, e que nos faga vibrar no campo do Outeiro.

No hay comentarios: