lunes, 20 de octubre de 2008

BANDAZOS: OS MINUTOS DO LIXO


O Bande repite resultado e xogo no seu encontro contra o Espadana. Unha vez máis, e como si de meigas tivésemos que falar repetiuse o partido contra o Riós.
Un Bande desmotivado nos primeiros minutos deixou encaixar dous goles, erro tras erro os xogadores do Bande deixaban unha imaxe negativa, nun campo do Outeiro coas gradas cheas. A medida que transcurría o encontro, o Bande tentaba dar outo bandazo e Troita marcaba dous goles na porta do Espadana.
Tras o descanso o partido presentaba empate, e saiu o Bande con ganas de gañar, pero unha vez máis quedou demostrado, que o que perdona perde e así lle pasou o equipo local, que tras enviar varios tiros os paus, o Espadana marcou nun contraataque e logrou no minuto 93, os tres puntos do encontro.
A redacción ten que facer mención do gran esforzo o realizado por Troita, que loitou ata o final por darlle a volta o marcador, convencido en todo momento das posibilidades que tiña o seu equipo.
Os xogadores do Bande S.D recordarlle que a súa falta de motivación dende o inicio do partido, trae como consecuencia unha derrota.Agardamos que estos bandazos do equipo cambien e logremos un equipo capaz de ilusionar, conscientes do que representan. E mención especial para a aficción do Bande que tivo máis ilusión que os propios xogadores, animando o seu equipo ata o minuto final.

No hay comentarios: