viernes, 10 de septiembre de 2010

Arrancou a tempada!!!

O S.D.Bande xa comezou a súa andadura na tempada 2010/2011. O noso equipo desprazouse o sábado ata o campo do Cartelle para afrontar o primeiro partido desta etapa ilusionante e, na que temos postas esperanzas de poder loitar por eses postos de ascenso que tanto se nos resisten nos últimos anos.

Non puido empezar mellor o S.D. Bande, que gañou fronte o Cartelle un partido moi complicado que se resolveu na primeira parte, logo de transformar “Gome” un penalti que a verdade foi algo dubidoso.

Empezamos o partido con moitos nervios, cousa que se mostraba no campo con pases imprecisos e xogando o patadón os primeiros minutos. Pero pouco a pouco fomos encontrando o noso fútbol e ,grazas a adiantarnos no marcador, empezamos a controlar o partido. Tivemos varias ocasións de ampliar o marcador, destacando dúas moi claras por parte dos noso dianteiros Manuel e Brais que non tiveron a sorte de cara. O Cartelle non estaba creando moitos problemas en ataque pero aínda así no medio campo recollían todos os balóns e dificultábanos moito a transición.

Chegamos o descanso e, trala tranquilidade que nos deu o ir por diante no marcador, cremos que íamos controlar o partido. Pero non contábamos que no minuto 5 nos ían a expulsar o Anxo. Foi unha xogada tonta por parte nosa que nos complicou bastante o partido. Non nos quedou outra que correr e correr para poder sacar o resultado adiante, cousa que conseguimos fruto do gran esforzo realizado por tódolos xogadores nosos.

Unha maneira moi sufrida pero gratificante de comezar a tempada, e un encontro que demostrou que algo cambiou no noso equipo, xa que noutros tempos este partido non o ganaríamos nunca.

Dar as grazas, como non,a todos os nosos seguidores que nos acompañaron neste desprazamento e tanto nos axudan.

Esta fin de semana descansamos, de maneira que será para disfrutar de outros vicios como caza, pesca, durmir,etc… cada un o que se lle de mellor.

Un cordial saúdo Bandidos!!!

No hay comentarios: