martes, 10 de febrero de 2009

CARTA A ANXO QUINTANA...DENDE A IMPOTENCIA

Sr. Quintana:
Queremos facelo participe dunha noticia recibida hoxe (10 de febreiro de 2009) da Consellería de Cultura e Deporte, que depende directamente de vostede. Despois de moitos meses, recibimos hoxe unha carta na que din que non lle dan a subvención o noso equipo, para a temporada anterior 2007-2008.
Hoxe a Xunta esquécese de máis de 40 rapaces da nosa zona, rapaces que facemos un gran esforzo para ter doús equiopos que nos representen pola provincia, rapaces que a única maneira que temos en toda a comarca de a Baixa Limia para practicar deporte é a través do fútbol.
O ano pasado nos deu 300 euros, este ano nin eso, ¿é esta a maneira de apoiar o deporte de base?. Parece que lle sae máis rentable gastar os cartos noutras actuacións, como a selección de Irán...
Sabe vostede que o equipo ten tamén unha categoría de Xuvenis, que dispoñen de bus para levalos os partidos e para recoller os xogadores por Lobios, Entrimo, Verea ata Bande para vir a entrenar tódalas semanas.¿Cómo se paga?
Señor Quintana, o máis vergonzoso é que xa no mes de agosto pasado, algún satélite seu do BNG, nos andaba a anunciar que a súa Consellería non nos ía a dar a subvención...crónica dunha morte anunciada, porque tanto no equipo como na directiva non eran todos do seu partido.Esto é o máis inxusto que se descrimine a doús equipos por razóns ideolóxicas.
Comenzaron a remitirnos cartas, cada día solicitaban algo novo, cada día era inventar un inconvinte....tales como que as facturas que se pagan a Mutua non eran válidas( valen ata nos centros hospitalarios cada vez que se lesiona un xogador, e valen na federación e proba delo é que gastamos 4.000 euros )Valeron tódolos anos, excepto iste ano. Tamén as facturas da Federación de Fútbol valeron sempre, excepto iste ano que non levan IVA, parece mentira que nos esixan eso, cando saben de sobras que as tarxetas amarelas son a 3 euros sen iva, e que a Federación non emite facturas con IVA.
Pero máis vergonzoso é que a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e outras Administracións admitan estos medios de proba de gastos para darnos subvencións e vostedes soamente se adiquen a por atrancos con tal de xustificar a súa persecución, incluso denegando a totalidade da subvención previamente concedida, cando saben que según a lexislación vixente soamente nos terían que descontar as cantidades que non se deran xustificado.
Hoxe falamos dende a impotencia de ver como se marxina o noso equipo, pero ímos seguir adiante pese a quen lle pese. Seguiremos os xogadores levando os nosos coches os partidos e pagaremos a nosa gasolina, como sempre fixemos e adicaremos os cartos dos socios e patrocinadores os máis pequenos. Non nos ímos a rendir.
Señor Quintana, na carta nos din con toda a prepotencia, que se non estamos de acordo que denunciemos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero como nos reta a eso, si non tivemos nin cartos para a cena de nadal, si temos que lavar nós a roupa para non gastar na lavandería, menos temos para denuncialo a vostede e o feixe de asesores e letrados que ten. ¡Non podemos loitar contra xigantes con cartos!Non podemos gastar os cartos dos nosos veciños en denuncialos a vostedes, ainda que lle xuramos que hoxe había moitos pais dispostos a dar cartos para tal fin.
Tanto nos da que a outros clubes lles dean moreas de euros, a nosa guerra non é con eles. A nosa guerra escomenza hoxe contra a impotencia e contra a prepotencia de vostede.
E traballaremos dende hoxe a reo para que estas discriminacións non volvan a suceder, e non baixaremos a orella frente a ningún satélite enviado por vostede.
Dende hoxe mostramos a nosa impotencia con máis esforzo e traballo, e prometemos que ó final de temporada lle ímos dar unha alegría a todos os socios, patrocinadores, directivos e veciños que día a día confían en nós....POR TODOS VÓS AFASTAMOS HOXE A IMPOTENCIA E A PREPOTENCIA.

No hay comentarios: