martes, 3 de febrero de 2009

THE BITÁCORA SHOW


Moi boas compañeiros/as da web do S.D. Bande!!!
Xa vemos que ultimamente esta páxina está en decadencia debido a que moitos partidos están sendo aplazados ou ben por culpa da neve ou por un temporal fantasma... Tamén é certo que a temos un pouco abandoada, polo que pedimos desculpas, pero é que os dous autores da bitácora están a voltas cos examenes míticos destas épocas (bueno, algún mais que outro).
Nestes últimos encontros estase vendo unha clara melloría no xogo do noso equipo, aínda que a sorte sigue afastada de nós, como quedou demostrado no último encontro fronte o Allariz B entre outros partidos, a ver se a presi se anima a facer un ritual de bruxería para quitarnos o mal de ollo, sobre todo de cara a portería...Esperemos que este sábado sigamos co bo xogo demostrado e poidamos volver de Xunqueira de Espadañedo cos tres puntiños na buchaca e devolverlle a derrota que sufrimos na primeira volta cando faltaban escasos segundos para que rematase o partido.
Os xogadores temos asumido de que este ano o ascenso está algo difícil, así que iremos partido a partido intentando ganar o maior número de partidos e sobre todo disfrutar do fútbol nos seguintes encontros.
Dende o noso recuncho queremos aproveitar para mostrar as nosas queixas coa dirección deportiva do Bande por non intentar un fichaxe bomba estilo FAUBERT, a este fichárono para arrebátarlle o balón de ouro a MESSI,jajaja. Cos cartos que non invertimos en fichaxes xa temos pensado que facer: a nosa proposta é unha ceniña de equipo para poder disfrutar coa compaña de todos e máis degustar unhas vieiras e uns percebiños.
Pois nada máis amiguiños, esto é todo por hoxe, esperamos poder deleitarvos con mais noticias dentro de pouco.
Un cordial saúdo e grazas por visitar a nosa paxina!!!

1 comentario:

Sociedad Deportiva Bande dijo...

bitácoros, esquecédevos que o noso é o churrasquiño, nótase que estades en Pontevedra,e por iso pedides vieiras e percebes...si vos os traedes nos comémolos.