martes, 1 de febrero de 2011

SAN ROQUE 0 - BANDE 1

Nova vitoria do Bande nun campo máis que complicado e que se resolveu nos primeiros 5 minutos de partido nos que Victor Suizo transformou un penalty cometido sobre Toño Caldelas. E con isto a verdade xa podiamos cerrar a crónica dado que o partido non deu para moito máis. Partido frouxo por parte dos nosos que amosan un pequeno baixon no xogo nestes últimos partidos, ben polo cansancio típico destas datas de competición ou porque os rivais os toman máis en serio e se "cerran" atrás.
A pesar de non ofrecer a nosa mellor versión sacamos os tres puntos que, sumados a derrota por parte do Boado, nos deixan ainda máis como líderes. As mellores ocasións do partido foron a pesar de todo para o Bande, Brais, Gomesende e Javi fallaron goles cantados e o resultado puido ser algo mais abultado, pero o non matar o partido o San Roque estivo a piques de empatar nalgunha xogada ben elaborada por parte deles.
Para a semana enfrentamonos a un Boado moi perigoso que foi ata a data o único en ganarlle o noso equipo. Agaradámolos con ganas de revancha e co debido respecto no que se amosa un partido moi bonito e que lle gusta xogar a calquera.

Dedicarlle a vitoria a nosa presidenta Ana que non puido acompañar o equipo xa que se encontra de viaxe e ojala o sábado poidamos dedicarlle outros tres puntos importantísimos.


No hay comentarios: