jueves, 11 de noviembre de 2010

Vitoria do Bande en Soutopenedo e asalto ó liderato

Hola adeptos do Bande, esta fin de semana o Bande realizou unha das visitas mais complicadas da tempada o campo do Soutopenedo. Empezou o Bande moi ben o partido, dominando toda a primeira parte, e esta superioridade mostrouse a base de goles, o primeiro do Manu (que esta atravesando unha racha impresionante e colocase como destacado pichichi do equipo) a pase dun motivadísimo Brais, que sería o encargado de meter o segundo. O Bande seguiu tendo múltiples ocasións, pero o Soutopenedo mostraba a súa calidade nalgún contragolpe, pero salvo un tiro o pau non nos inquietaron mais. Pero, caprichos do fútbol, na última xogada da primeira parte o Soutopenedo logrou acurtar distancias grazas a unha xogada afortunadísima, logo dun rebote que lle quedou que nin pintado para marcar o gol.

Na segunda parte cambiou a cousa bastante, o Bande xa non dominou tanto, o Soutopenedo saía crecido grazas a ese gol. Disfrutamos dalgunha oportunidade máis para matar o partido pero non era o noso día, o Manu, regateou o porteiro e cando todo parecía feito topouse co pau, o Troita fallou un man a man co porteiro, pero pouco mais fixemos. Dedicámonos a defender e salvamos o resultado. Non foi o mellor partido que realizou o noso equipo, o resultado sen dúbida foi o mellor.

Darlle as grazas a todos os que nos viñestes animar a Soutopenedo, temos unha gran afición e contamos con vos para facer unha gran temporada, GRAZAS!!!!

Mencionar o empate entre a Merca e o Boado, xa que con ese resultado o Bande colocouse líder da categoría, esperemos que dure o maior tempo posible, a disfrutar todos deste gran momento polo que atravesamos chavales e a seguir así que este ano é o noso.

PD: non temos fotos desta encontro xa que a nosa fotografa oficial non puido asistir o encontro.

UN SAÚDO!!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

E probable que o Bande perda o liderazgo, pois A Merca reclamou o partido por alineación indebida do Boado.haberá que estar atentos a este chanchullo.