martes, 2 de diciembre de 2008

A BITÁCORA:DERBI PASADO POR NEVE...


Moi boas bitácora-adictos... Xa nos contaron que nos estrañades moito. Perdoade por estas dúas semanas que estivemos sen dar señais de vida, pero o noso traballo (que é estudar) tívonos moi ocupados.

Esta fin de semana a neve chamou a porta do noso pobiño e cando nos levantamos xa estabamos rodeados e con isto o derbi quedou en ascuas ata nova data... coas ganas que tíñamos ámbolos dous equipos de ofrecer un bo espetáculo a toda a xente do pobo...

Querémoslle dar un toque de atención o adestrador dos xuvenís, señor Jose, que despois de ver a boa actuación de Eduardito como "adestrador auxiliar" queda en entredito se chegará a comer o turrón 1880, o máis caro do mundo.

Ante todo queremoslle desexar sorte no partido desta fin de semana que enfronta os nosos xuvenís cos de Lobios, a ver se eles son capaces de ganar os veciños da Baixa Limia.

Temos que informar a nosa presidenta de que hai equipos interesados en varios xogadores do S.D.Bande, fontes cercanas apuntan a unha posible oferta por parte do Pontevedra B por dous xogadores que adestran todos os mércores con este equipo para manterse en forma, todo isto segundo as fontes de as.com. Estas ofertas foron rexeitadas de forma inmediata por parte do Míster Benito que non quere perder a uns xogadores que el considera imprescindibles. Fagan as súas apostas; de que xogadores estamos falando?

Bueno amiguiños/as, foi un pracer volver a desafogarnos aqui no noso recuncho.
Vemos na foto un intento frustrado por pintar o campo, non queremos dar nomes para que non se sepa que é o Popy...jaja

No hay comentarios: